Socios e socias de Amizade visitan a cidade da Coruña

Visitando o acuario [Clic para ampliar a imaxe]O xoves 29 de Abril a asociación Amizade organizou unha visita á cidade da Coruña na que varios socios e socias da entidade puideron coñecer diversos espazos de interese cos que conta a cidade. Dentro da misión principal de Amizade de “acadar a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade”, a participación en actividades culturais e de ocio é un dos ámbitos nos que a asociación desenvolve o seu traballo.

A saída foi ás 09.30h dende Amizade e o desprazamento realizouse nun autobús da empresa Rías Baixas que, ademais dos traxectos de ida e volta, tamén serviu de conexión entre os diferentes puntos a visitar.

Diante da Casa das Ciencias [Clic para ampliar a imaxe]Pola mañá visitouse o Acuario, a Torre de Hércules e as zonas próximas á praia de Riazor. Unha primeira parte da xornada na que se coñeceu a zona do paseo marítimo e se puideron ver as numerosas especies de peixes coas que conta o acuario coruñés. Despois de comer trasladaronse a outra zona da cidade para visitar o Planetario e a Casa das Ciencias onde puideron coñecer de xeito sinxelo como funcionan moitas das cousas que utilizamos cotiamente.