Celebración da XVII Asemblea Xeral de Amizade

Momento da asemblea [Clic para ampliar a imaxe]O día 10 de abril a Xunta Directiva de Amizade deu conta do resultado da asociación ao longo do 2009. Como en asembleas xerais anteriores, presentouse a memoria de todas as actividades realizadas durante o ano así como o balance económico do exercicio, que concluiu cun certo aforro. Ambos documentos foron aprobados por unanimidade dos socios e socias presentes.

Tamén se expuxo o programa de actividades para o ano 2010 do que, ademais da continuidade de certos servizos e actvidades, destaca o funcionamento dun vehículo de transporte propio e a intenión de poñer en marcha un servizo de fisioterapia.

No punto de “Rogos e preguntas” producíronse bastantes comentarios referentes ao uso fraudulento que en ocasións se dá das tarxetas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida, e o escaso compromiso que existe nos concellos de velar polo cumprimento da normativa e de controlar que nos aparcamentos reservados non aparquen vehículos que carezan da correspondente acreditación.

Durante a comida [Clic para ampliar a imaxe]Ao finalizar a asemblea tivo lugar unha comida á que asistiron numerosos socios/as e amigos/as e na que se puido gozar dunha agradable compañía.