Reunión co concello de Pontevedra sobre a xestión da recollida de lixo

O concello de Pontevedra iniciou unha campaña de consultas con diferentes entidades sociais co fin de coñecer as propostas de mellora que estas tiñan, de cara a incorporalas no vindeiro prego de condicións para a adxudicación do servizo de recollida de lixo que terá lugar no 2011.

Amizade considerou interesante aproveitar a ocasión para trasladar as propostas que mellorarían a utilización do servizo por parte das persoas con discapacidade. A continuación aparecen nomeadas as cuestións que se lle plantexaron na reunión mantida o día 15 de febreiro:

- Colocación fixa dos colectores:
Os colectores deben dispoñer dun espazo reservado e debidamente delimitado que impida que poidan ser desprazados lateralmente e cheguen a ocupar a zona de estacionamento reservado a persoas con mobilidade reducida, como acontece en ocasións.

- Deseño accesible dos colectores:
É preciso que todos os colectores de lixo permitan o seu uso por todas as persoas, polo que hai que esixir á nova empresa adxudicataria que coloque colectores adaptados.
En Barcelona dispoñen dun deseño de colectores no que participou a Universidade Politécnica de Catalunya e que pode servir de base para o deseño dos colectores de Pontevedra.

- Acceso aos colectores desde a beirarrúa:
Recálcase a importancia desta posibilidade pola incomodidade que supón ter que baixar á rúa a depositar o lixo.

- Cáusula de compromiso social:
Conviña introducir algunha cláusula referente á contratación de persoas con discapacidade, ou á subcontratación de certos servizos con centros especiais de emprego sen ánimo de lucro.

Navegación

Amizade nas redes sociais

Ir á páxina de Facebook de Amizade

Amizade está presente nas redes sociais. Consulta o noso perfil de Facebook, faite amiga/o e comenta as noticias.

Transporte accesible

Marca Fins Sociais

Queres colaborar?

Coop57

Ir á web de Coop57

Amizade é socia da cooperativa Coop57 , que destina os seus recursos a dar préstamos a proxectos de economía social.