Curso de formación do persoal do servizo do 065

Explicacións da formadora [Clic para ampliar a imaxe]O sábado 16 de xaneiro desenvolveuse unha xornada formativa para o persoal (tanto condutores como acompañantes) do servizo público de carácter social de axuda ao desprazamento programado e non urxente de persoas con discapacidade e/ou dependentes (o servizo do 065 social).

Esta formación é froito do convenio asinado no 2008 entre a empresa Autocares Rías Baixas (concesionaria do servizo na área de Pontevedra) e a asociación Amizade, mediante o que se contemplaba a necesidade de realizar accións formativas periódicas.

As asistentes á xornada [Clic para ampliar a imaxe]O persoal que se encarga do servizo recibiu información sobre cal é o mellor trato que se lle debe dar a unha persoa con discapacidade, cales son os protocolos de funcionamento do servizo, técnicas de mobilizacion da persoa dependente, etc. Esta é a segunda ocasión que se desenvolve unha xornada formativa, posto que xa se fixera unha en febreiro de 2009, contando este ano coa participación engadida da ONCE que tamén tivo unha intervención na xornada.

Aproveitamos para agradecer o compromiso que a empresa Autocares Rías Baixas ven demostrando nos últimos tempos coa calidade e coa prestación dun bo servizo. Este feito plásmase na adquisición de vehículos adaptados nas súa dúas últimas renovacións e no comprmiso de seguir camiñando nese sentido.

Queres colaborar?

Transporte accesible