Xornada de visita ao concello do Grove

O 20 de outubro un grupo de socios e socias de Amizade participaron nunha xornada de ocio que transcorreu en diversos lugares do concello do Grove.

O grupo dentro do catamaran [Clic para ampliar a imaxe]A primeira actividade do día foi unha ruta en catamarán pola ría de Arousa que durou hora e media e na que se puideron apreciar diversas especies mariñas no seu medio natural. Tamén se puideron degustar uns mexillóns ao vapor elaborados no mesmo barco.

O grupo dentro do restaurante [Clic para ampliar a imaxe]Despois realizouse unha visita ao acuario do Grove onde un guía fixo diferentes explicacións sobre as peculiaridades dos peixes que ían observando e que produciron máis dunha sorpresa entre os asistentes.

O xantar tivo lugar no restaurante "O Chiringuito" onde se puido gozar dunha comida agradable e repoñedora despois do axetreo matinal.

O grupo dentro da lonxa [Clic para ampliar a imaxe]Pola tarde tivo lugar a visita á lonxa do Grove onde se asistiu á subasta de peixe e marisco. Unha actividade interesante polo significado que ten a pesca e o marisqueo para a economía da zona e porque se puideron ver en directo diversas especies de peixe e marisco realmente frescas.