A perseverancia da loita polos dereitos fronte á desidia da administración
Este é un exemplo da dificultade que temos á hora de reclamar os nosos dereitos. Non é frecuentre que se nos dea a razón polas boas nin mesmo que a xustiza estea ao noso favor, e cando isto sucede atopámonos con que a administración dá largas, coma quen que non ten que cumprir as leis, e mesmo prefire coaccionar a quen reclama os seus dereitos que sancionar a quen incumpre as súas obrigas.
No enlace de abaixo pódese ler o que lle aconteceu a esta muller de Ourense que o único que pretendía era que se garantizasen os seus dereitos e non se lle discriminara. Quizais teñamos que facer cousas similares, ou máis mediáticas, nas nosas vilas para que deixen de tratarnos como cidadáns de segunda.



