Charla-Coloquio sobre "Educación afectivo-sexual"

O mércores dìa 12, ás 18:00h, terá lugar unha charla enmarcada no proxecto de fomento da autonomía que Amizade desenvolve desde o mes de setembro e que conta co financiamento da Consellería de Traballo e Benestar. Nesta ocasión o tema a tratar será a educación afectivo-sexual e contarase coa participación de profesionais do centro Quérote, dependente da Xunta.

É frecuente o pensamento social de que as persoas con discapacidade son seres asexuados, que non poden nin queren ter sexualidade. Trátase dun pensamento totalmente erróneo porque non só están perfectamente capacitados/as para gozar da sexualidasde senón que teñen desexos sexuais como todas as persoas.

Cotinuamos pensando que desde a entidade se ten que promover certa pedagoxía coas familias e coa sociedade para errdicar actidudes paternalistas.

Convidamos pois a que calquera persoa se poida achegar ao noso local (r/ Alemaña 23, baixos, Monte Porreiro) e compartir unha charla coloquio sobre educación afectivo-sexual que a bo seguro lle resultará interesante.

Queres colaborar?

Transporte accesible