Pablo Cimadevila Campeón de Europa

Desde a asociación Amizade queremos transmitir os nosos parabéns a Pablo Cimadevila; un compañeiro que leva anos desmostrando que a base de esforzo e tesón pódense conseguir grandes cousas. Ven de proclamarse campeón europeo de 200m estilos e subcampeón de 100m braza.

Xa nas anteriores paralimpiadas de Pekín puidemos observalo (Pablo Cimadevila tivera un posicionamento claro) e nesta ocasión confírmase que o deporte paralímpico non é unha prioridade para os medios de comunicación. Son moi escasas as referencias que se poden atopar estes días sobre os europeos de natación e o papel que están a desempeñar os nadadores galegos.

Coma sempre, hai numerosas referencias ao fútbol posto que é un negocio que move unha gran cantidade de diñeiro pero as referencias vanse reducindo conforme o volume de negocio que xeran os demais deportes, e neste caso a natación quédase polo final da lista.

Isto aínda se agudiza máis no deporte paralímpico. Non se debe estar dicindo por un lado que estes deportistas son exemplo de superación e logo por outro ofrecer unha cobertura mediática case inexistente. Son persoas, deportistas, que non teñen máis valor ca outras, pero tampuco menos. Quizais algún día reciban o mesmo trato.

Enlace coa noticia en cope.es

Queres colaborar?

Transporte accesible