Xa imos polo terceiro boletín
No mes de setembro viu a luz o terceiro número do boletín de Amizade. Unha publicación que naceu en xaneiro do ano 2009, grazas a un convenio de colaboración suscrito coa empresa Miniprecios Zapaterías S.L. (tendas Krack, Geox, Bross,...), e que ten a intención de poder divulgar tanto as nosas actividades como os nosos posicionamentos en temas de interese social, á vez que fomentar a comunicación entre a asociación e a sociedade.
Neste terceiro número facemos balance das actividades realizadas durante o verán así como outros temas de interese.
Desde Amizade sabemos que hai moitas persoas que teñen boas ideas, boas reflexións ou bos relatos que poden ter cabida no boletín da asociación. Por iso insistimos en dicirvos que nos mandedes o que queirades que publiquemos para poder facer do boletín algo participativo e diferente.
Debido a diversos problemas de xestión non puidemos subir á web o segundo boletín no seu momento polo que aquí aparece o enlace para que o poidades ver.


