Xa non existe o "Certificado de Minsvalía"
Non é que non exista senón que cambiou de nome.
Xa no ano 2001 a OMS (Organización Mundial da Saúde) deuse conta de que era preciso un cambio do modelo terminolóxico e promulgou unha nova Clasificación do Funcionamento, da Discapacidade e da Saúde (CIF) que deixaba de utilizar o concepto de "minusvalía". A partir de aí, os gobernos foron modificando as súas lexislacións e agora tócalle ao Real Decreto 1971/1999, de 23 de Decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e calificación do grado de minusvalía.
Esta noticia supón un gran avance xa que o termo “persoa con discapacidade” empregábase oficialmente para todos os efectos legais e o único cambio que faltaba era o do certificado, que seguía sendo “Certificado de Minusvalía”; agora, o cambio supón un completo erradicamento (polo menos a efectos formais) da palabra "minusvalía”e das súas derivadas.
Aínda queda o gran paso de que a sociedade sexa consciente do vocabulario, e á vez do significado das palabras, e así poidan deixar de empregar termos que non son nin normativos nin aconsellables para referirse ao grupo social das persoas con discapacidade.



