Charla-Coloquio “Axudas económicas para persoas con discapacidade"

O mércores 23 de setembro impartiráse unha Charla-Coloquio que versará sobre “Axudas á persoas con discapacidade”. Terá lugar no local da asociación Amizade, ubicado en Monte Porreiro, ás 18:00 horas. A mesma será impartida por unha Traballadora Social da Confederación Galega de persoas con Discapacidade (COGAMI) con amplia experiencia neste ámbito.

Esta charla será a primeira doutras que seguirán nos vindeiros meses e que versarán sobre temáticas relacionadas coa discapacidade e autonomía, a educación afectivo-sexual, etc. En principio, a entidade ten previsto celebrar as charlas os días 14 de outubro, 11 de novembro e 2 decembro, mais estas datas están pendentes de confirmación. As persoas interesadas en asistir deberán prestar atención a esta mesma web.

Desde Amizade entendemos que en moitas ocasións as familias das persoas con discapacidade non sempre coñecen as capacidades e potencialidades que teñen os seus familiares nin como actuar para favorecer a súa independencia. É demasiado frecuente que sexan as propias familias as que actúen con paternalismo, pensando que os seus familiares teñen menos valor que as demáis persoas e fomentan o “victimismo” e o “padecemento” da persoa con discapacidade.

Neste senso, consideramos imprescindible que desde a entidade se promova unha labor pedagóxica coas familias para facerlle ver que os seus fillos/as, pais ou irmáns posúen moitas capacidades e que teñen gañas de exercelas.

Este é o motivo que nos guiou a organizar esta serie de charlas que, aínda que nun principio están dirixidas ás familias das persoas con discapacidade, tamén poden ser de interese para calquera outra persoa polo que a convidamos a asistir e participar.

Estas charlas, así como outras actividades relacionadas coa promoción da autonomía que terán lugar nos vindeiros meses, contan coa colaboración e financiación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

Navegación

Amizade nas redes sociais

Ir á páxina de Facebook de Amizade

Amizade está presente nas redes sociais. Consulta o noso perfil de Facebook, faite amiga/o e comenta as noticias.

Transporte accesible

Marca Fins Sociais

Queres colaborar?

Coop57

Ir á web de Coop57

Amizade é socia da cooperativa Coop57 , que destina os seus recursos a dar préstamos a proxectos de economía social.