Visita á Área Arqueolóxica do Tourón
O día 10 de setembro un grupo de socios e socias de Amizade realizaron unha visita á Área Arqueolóxica do Tourón, situada no concello de Ponte Caldelas.
A Área arqueolóxica de Tourón ocupa apróximadamente unhas 15 hectáreas (150.000 m2). Trátase dun dos conxuntos de arte rupestre ao aire libre máis importantes de Galicia. Os petroglifos de Tourón caracterízanse pola súa gran orixinalidade, destacando o gran panel da Laxe das Cruces. Os petroglifos datan do Neolítico Final-Idade de Bronce, concretamente III-II milenio a.C.
As asistentes puideron gozar das explicacións da guía do lugar que as informou polo miúdo sobre as características particulares da zona e sobre o significado que teñen os propios petroglifos. Ao mesmo tempo, puideron realizar un longo paseo por unha zona natural.
As persoas que asistiron valoraron positivamente a elección do lugar porque, ademais de realizar unha actividade de ocio diferente, puideron aprender algo máis sobre os antigos habitantes das nosas terras.
A orografía do terreo e as condicións da zona non permitiron que puidese asistir ningún socio/a en cadeira de rodas. É de agardar que unha ver rematadas as obras que se están a efectuar na zona arqueolóxica que hai no concello de Campolameiro, esta zona poida ser vistada por persoas en cadeira de rodas. Estaremos atentos a que así sexa e efectuaremos a visita ás instalacións cando rematen as obras.



