Amizade inicia un novo curso de Informática Básica

Alumnas e alumnos durante a inauguración do cuso [Clic para ampliar a imaxe]O luns, día 7 de setembro, tivo lugar o inicio dun curso de Informática Básica nos locais da asociación. O curso conta coa colaboración da Federación Provincial de asociacións de persoas con discapacidade e está financiado pola Deputación de Pontevedra.

O curso impártese de luns a venres en horario de 16:00 a 20:00, e ten unha duración total de 260 horas, rematando o 9 de decembro. O curso contén módulos de Windows, Word, Excel, Powerpoint, Internet e Mecawin. Ao finalizar os módulos teóricos, algúns dos alumnos/as que rematen o curso poderán efectuar prácticas.

O obxectivo é capacitar aos alumnos/as no uso do ordenador e incrementar así as posibilidades de acceso ao emprego e a participación no mercado laboral.

O curso estase a impartir grazas á colaboración de COGAMI-Pontevedra (Federación Provincial de Asociaciós de Persoas con Discapacidade), e que conta coa financiación da Deputación de Pontevedra.