Sorteo dunha estancia nunha casa rural

Amizade organiza o sorteo dunha estancia de dúas noites nunha casa de turismo rural de Galicia . Será en habitación doble e dentro dos días considerados días verdes. Venderanse papeletas ao prezo de 2€ e o sorteo celebrarase o día 30 de outubro de 2009.

Todas as persoas que queiran mercar participacións terán que poñerse en contacto coa asociación antes do día 20 de outubro.

O obxectivo principal é financeiro. A situación económica actual provocou unha reducción da cantidade económica que a asociación viña percibindo en concepto de subvención das diferentes administracións, o que nos obriga a buscar outras fontes de financiamento que nos permita continuar ofrecendo as nosas actividades.