Amizade presenta unha quincena de reclamacións ao concello de Sanxenxo
Este pasado sábado, día 27 de Xuño, a Asociación Amizade de persoas con discapacidade da comarca de Pontevedra organizou unha comida de confraternización entre os seus socios/as, achegados/as e amigos/as na praia de Montalvo. Para a mesma, avisou ao concello de Sanxenxo de que tivesen os aseos abertos xa que se ía facer uso dos mesmos.Pero...
...para a nosa sorpresa os aseos estaban pechados e os socorristas non tiñan coñecemento da nosa visita e ao parecer non dispoñían da chave. Estes son os únicos aseos públicos e adaptados posto que os bares e restaurantes dos arredores son inaccesibles e non contan con baños adaptados. Por isto, as persoas con discapacidade careceron de dispoñibilidade deste servizo, e por necesidade tívose que levar a algunha persoa ao centro de Sanxenxo para que fixese uso do aseo, por se inviable no entorno da praia. Despois de facer varias xestións e chamadas telefónicas, a policía local díxonos que mandaban a alguen a abrir a iso das 14:30 do mediodía.
Esta actitude irresponsable por parte do concello de Sanxenxo levou a nosa entidade e as persoas asistentes a dita comida a presentar máis dunha quincena de reclamacións nas que se solicita que estes aseos estean abertos e poidan ser empregados por todos/as, xa que é indignante por parte dunha administración pública este comportamento. Neste senso, insistimos e reclamamos a eliminación das barreiras e obstáculos que continuamente se poñen as persoas con discapacidade e que neste caso impediu que disfrutasen dun día de descanso e ledicia.
Mención que fai a Voz de Galicia. FONTE: Voz de Galicia


