Xornada de ocio en Montalvo

O pasado día 27 de xuño Amizade organizou unha actividade de lecer co fin de favorecer a interrelación persoal e o coñecemento mutuo, á vez que ofrecía unha alternativa de ocio nun entorno natural.

Participantes posando na praia [Clic para ampliar a imaxe]A xornada comezou ás 12:30h, momento no que todas as persoas chegaron ao lugar e tomaron o primeiro contacto co espazo, deixaron as súas cousas e foron dar un paseo ata a praia. Temos que agradecer a Autocares Rías Baixas a súa colaboración no transporte dos asistentes.

Preparandose para xogar [Clic para ampliar a imaxe]Despois dun breve periodo de contacto inicial e de diversas presentacións (ao haber socios/as, colaboradores/as e amigos/as, moitas persoas non se coñecían) procedeuse á colocación das mesas. Como aínda era cedo, antes de xantar desenvolvéronse varios xogos nos que todas as persoas pasaron un rato divertido.

Gozando da comida en boa compañia [Clic para ampliar a imaxe]Logo cada persoa sacou o seu bocadillo, tortilla, ensaladilla, empanada,... e comezouse a xantar. Diversos temas de conversación e moitas risas acompañaron o tempo da comida, que incluiu café e pasteis.

Xogando despois da comida [Clic para ampliar a imaxe]Durante a sobremesa uns dedicáronse a xogos de mesa e outros/as foron a unha zona de céspede onde fixeron diversas actividades físicas, algunhas delas acompañadas dun balón.

Musica galega na sobremesa [Clic para ampliar a imaxe]Temos que citar e agradecer o trato que nos dispensaron as persoas que estaban na mesa do lado que nos amenizaron a xornada con diversas pezas de musica popular. Xa pola tarde, e aínda que non facía demasiado calor, foron catro as persoas que se decidiron a baixar á praia e a darse un baño. Finalmente, recolleuse todo e procedeuse á volver a Pontevedra a iso das 18:30h.

Agardamos poder seguir organizando actividades deste tipo e intentaremos conseguir que se acheguen máis persoas alleas á propia asociación para que poidan aproveitar a coñecer a realidade das persoas con discapacidade.

Queres colaborar?

Transporte accesible