Amizade propón á Policía Local de Pontevedra para os premios FESVIAL
Son uns premios que outorga a Fundación Española de Seguridade Vial para policías locais e que contan cunha modalidade de Educación Vial, que é que para a que se propón á Policía Local de Pontevedra.
En concreto, óptase ao premio pola posta en marcha da iniciativa "Camiño Escolar", como método para mellorar a percepción da cidade como espazo seguro.
Charla “Palestina sen barreiras”
Gracias a AGARESO este pasado 29 de novembro tivemos a oportunidade de coñecer de primeira man, a través da propia protagonista, Dalal Altegi, como viven aspersoas con discapacidade en Palestina. A experiencia foi máis que enriquecedora. Puidemos coñecer cales son os recursos dos que dispoñen e en que situación se atopan.
Participamos no magosto tradicional de Monte Porreiro
Amizade entrega os diplomas do obradoiro de introdución ao deseño gráfico
O pasado día 16 de novembro finalizou o “Obradoiro de Introducción ao Deseño Gráfico: Photoshop”, día no que e os/as alumnos/as participantes recibiron os seus diplomas que acreditan a superación de todos os módulos do obradoiro.
Xornada de pesca de Amizade, xa pola IV edición
O día 10 de setembro tivo lugar unha nova xornada de pesca organizada por Amizade. Continúa a ser unha actividade que lle gusta á xente e que a asociación xa organiza por cuarta vez. Nesta ocasión a climatoloxía non acompañou demasiado e puido ser ese o motivo polo que o número de participantes foi inferior ao de outras edicións.
Paseo pola ría
Amizade organizou un paseo pola ría de Pontevedra, o venres 9 de Setembro, no que participaron varias persoas con mobilidade reducida. Esta actividase puidose organizar grazas á colaboración do Club Minauta, quen facilitou a embarcación. Trátase dunha zodiac de pequeno tamaño cuxo deseño permite que se poidan incorporar de xeito relativamente sinxelo persoas en cadeira de rodas.
Amizade reúnese co Alcalde de Cotobade
Comida de Amizade na praia de Montalvo
Como ven sendo case unha tradición, o pasado sábado 27 de agosto Amizade organizou unha comida de confraternización entre os seus socios/as, achegados/as e amigos/as no piñeiral da praia de Montalvo. Unha comida na que se intercambiaron experiencias vitais, gozouse dun entorno natural e dunha compañía agradable.

![Boletín de Amizade nº12 (Clic para ver o boletín) Boletín de Amizade nº12 [Clic para ver o boletín]](/files/IMAXES/boletin_amizade/boletin_amizade_12.bmp)
![Magosto 2011 (Clic para ampliar a imaxe) PARTICIPAMOS NO MAGOSTO TRADICIONAL DE MONTE PORREIRO[Clic para ampliar a imaxe]](/files/IMAXES/magosto2011/m2011_mini.jpg)
![Momento da entrega de diplomas por Paulo Fontán (Clic para ampliar a imaxe) AMIZADE ENTREGA OS DIPLOMAS DO OBRADOIRO DE INTRODUCCIÓN AO DESEÑO GRÁFICO: PHOTOSHOP [Clic para ampliar a imaxe]](/files/IMAXES/curso_photoshop/curso2011_mini.jpg)
![Boletín de Amizade nº11 (Clic para ver o boletín) Boletín de Amizade nº11 [Clic para ver o boletín]](/files/IMAXES/boletin_amizade/boletin_amizade_11.bmp)
![Momento da reunión entre Jorge Cubela e Paulo Fontán (Clic para ampliar a imaxe) Momento da reunión entre Jorge Cubela e Paulo Fontán [Clic para ampliar a imaxe]](/files/IMAXES/ReunionalcaldeCotobade2_mini.jpg)


