Centro de atención integral

Fachada do local (clic para agrandar a foto)O noso centro ten por finalidade satisfacer as necesidades de promoción profesional e habilitación integral das persoas con discapacidade na súa zona de residencia, sempre axustadas as súas características persoais e polo tanto cun itinerario específico que lles permite superar os obstáculos que as veces supón a súa discapacidade.

Non pretende ter un carácter finalista ou residual, no sentido de que as persoas que participan no centro permanecen alí sen máis posibilidades de avance, senón que se contempla como unha posibilidade máis dentro do sistema laboral, sempre que sexa factible; e dicir, como unha etapa previa á formación ocupacional ou ao emprego, tanto nun entorno protexido (centros especiais de emprego) como nun emprego ordinario.

Está situado na rúa Alemaña nº 23, baixo, no barrio de Monte Porreiro do concello de Pontevedra. O horario de atención aos usuarios é de 8:30 a 15:00. Ver situación

O centro está atendido polo seguinte persoal

  • Dirección (1 persoa). Titulación: diplomatura en Xestión e Administración Pública. Especialista universitario en Xestión de Entidades sen Ánimo de Lucro.
  • Administración e Coordinación (1 persoa). Titulación: licenciatura en Psicoloxía.
  • Monitora de Taller (1 persoa). Titulación: varias.
  • Monitora de Educación básico-educativa e habilidades sociais (1 persoa). Titulación: varias.
  • Monitor de Informática (1 persoa). Titulación: varias.
  • Fisioterapeuta (1 persoa). Titulación: Fisioterapia.
  • Conductor (1 persoa). Titulación: varias.

Organización do centro

O centro está estructurado nas seguintes áreas:

Recepcion (clic para agrandar a foto)Área de Dirección - Administración: 111.25 m

Neste área atópanse as oficinas e as salas comúns tanto para a dirección do centro como para a atención a familias e usuarios/as.

Área de Formación en Novas Tecnoloxías: 40.60m

Aula de Novas Tecnoloxías (clic para agrandar a foto)Aquí impártense especialidades formativas homologadas AFD, de Formación profesional e similares.

  • Aula de Novas Tecnoloxías: 40.60m

Área Polivalente: 40.60m

Aula polivalente (clic para agrandar a foto)

Neste aula ten lugar toda a formación do taller de educación de adultos e tamén se imparte o taller de habilidades manuais.

  • Aula Polivalente: 40,60m

Sala de Curas: 7,14m

Aula equipada cun lavabo, un botiquín e un sillón xeriátrico que serve como espazo de recuperación ante calquera eventualidade.

  • Sala de Curas: 7,14m

Sala de Atención Especializada: 15,69m

Está dedicada á atención individualizada ou en grupos reducidos por profesionais como psicólogos/as, logopedas,...

  • Sala de Atención Especializada: 15,69m

Sala de Rehabilitación - Ximnasio: 25,39mSala de Rehabilitación - Ximnasio (clic para agrandar a foto)

Neste espazo deservolvense exercicios terapéuticos e de rehabilitación. Conta con paralelas, camilla, poleas,...

TOTAL SUPERFICIE CONSTRUÍDA: 270.60m
TOTAL SUPERFICIE ÚTIL: 238.55m