Hemeroteca
Cursos de formación on line gratuítos
COCEMFE a través da Universidade Técnica de Verano ofrece os seguintes cursos de formación.
| Cursos | Horas | Inicio | Fin |
|---|---|---|---|
| Diseño de páginas web | 60 | 1 de outubro | 30 de novembro |
| Prevención de riesgos laborales | 30 | 1 de outubro | 30 de outubro |
Máster de Tecnoloxías accesibles para os servizos da sociedade da información
A Fundación Universia convocou 2 becas de 3.200 euros para titulados universitarios con discapacidad para o Máster de Tecnoloxías accesibles para os servizos da sociedade da información.
O master nace froito da necesidade de formar a persoal cualificado no ámbito da accesibilidade web e das tecnoloxías accesibles. Baseado nunha realidade internacional, o master oficial ofrece unha formación innovadora e de calidade nun dos ámbitos emerxentes da sociedade da información.
Curso de formación de asistente persoal
Detectada a necesidade de formación especializada que existe nos profesionais da Asistencia Persoal, a Asociación Amizade, en colaboración coa Obra Social de Caixa Galicia, impartira un curso que dará desposta a esta necesidade formativa.
Amizade organiza unha visita ao Monte Aloia
O pasado día 18 de xullo un grupo de 12 persoas da Asociación Amizade participou dunha actividade de ocio e tempo libre facendo unha visita ao parque natural do Monte Aloia.
Alí puideron gozas coas vistas e coas diversas especies forestais e naturais coas que conta este parque natural que historicamente serviu de refuxio de defensa.
Amizade denuncia a proposta de prolongar os prazos da aplicación da LEPA
A Lei de Autonomía Persoal e atención ás Persoas en Situación de Dependencia (LEPA) presentouse diante da opinión pública como a solución para moitas situacións de desamparo e abandono nas que se atopaban moitas persoas. Produciuse unha venda de esperanza, de fume, que se veu traducindo co paso do tempo en resignación e frutración.
Intervención de Paulo Fontán, presidente de Amizade
Acto oficial pola concesión do Premio Nacional da Cultura Galega á cidade de Pontevedra pola súa reforma urbana
Pontevedra Premio Nacional da Cultura Galega concedido á reforma urbana
O Auditorio de Caixanova acolleu o acto oficial pola concesión do Premio Nacional da Cultura Galega na modalidade de Patrimonio Cultural, pola reforma urbana da cidade, emprendida no ano 1999. A esta celebración, asistiron os representantes dos sectores que participaron activamente nesta conversión: a empresa, os colexios profesionais, as institucións… e toda a cidadanía que é, realmente, a galardoada con este premio.
Amizade reúnese con Guillerme Vázquez
Á reunión do 18-10-07 asisiu tamén o arquitecto municipal Ángel Velando. Tivo lugar no local que Amizade, en Monte Porreiro, e ademais de aproveitar para presentarlle as novas instalacións, tratáronse os seguintes aspectos.
Tratouse a situación do transporte e da necesidade de que o concello se implicase na adaptación progresiva do material móbil existente e de non permitir a posta en funcionamento de ningún vehículo de transporte que non fose accesible. Guillerne Vázquez comprometeuse a estudiar cales serían as capacidades legais do concello para esixir tales condicións.
Amizade reúnese con Teresa Casal
A reunión do 11-10-07, á que tamén asisiu o concelleiro José Manuel Valcarcel, tivo lugar no local que Amizade ten en Monte Porreiro. Aproveitopuse para presentarlle as novas instalacións e facerlle unha exposición exhaustiva das actividades e servizos que ofrece a entidade así como os obxectivos que se perseguen coas mesmas.
Amizade reúnese co alcalde de Pontevedra
Nunha reunión que tivo lugar na casa das campás o 21-09-07, e que se prolongou por máis de hora e media, tratáronse diferentes temas de interese para a asociación.
Falouse da situación do transporte na cidade e a ausencia de vehículos adaptados, tanto de autobuses como de taxis (posto que só hai un). O alcalde mostrou o seu compromiso coa cuestión e comprometeuse a estudiar posibles vías de colaboración coas empresas para ir cambiando a situación existente.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »


