Hemeroteca
Visita ao estadio de Pasarón
O martes 3 de agosto o presidente do Pontevedra C.F., Nino Mirón; o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán; e a concelleira de deportes, Anxos Riveiro, realizaron, xunto con representantes da Asociación Amizade, unha visita ás instalacións do novo Pasarón para comprobar que o estado das mesmas se axustase ás necesidades das persoas con mobilidade reducida.
Amizade celebra unha comida na praia de Montalvo
Este ano SI visitamos as Illas Cíes
Tralo frustrado intento do ano pasado, no que rematamos pasasndo o día na praia de Rodeira, de Cangas, o domingo 27 de xuño, a Asociación Amizade visitou ás Illas Cíes. As 9:30 da mañá dous autobuses de Rías Baixas leváronnos a preto de 60 persoas dende Monte Porreiro ata o peirao de Vigo, onde accedemos a través do pantalán flotante ao barco que nos levou ata as Illas.
Dous novos boletíns de Amizade
Nesta ocasión trasladamos o texto dos dous últimos boletíns informativos que viron a luz nos últimos meses. O boletín nº6 e o boletín nº5 (este último correspondente xa ao mes de marzo pero que non se puido subir á páxina web por problemas técnicos).
Nestes dous boletíns continuamos manifestando a visión de Amizade en cuestións de actualidade á vez que informamos das actividasdes que se veñen realizando nos últimos tempos. Seguimos animando a que calquera persoa nos remita os seus escritos de opinión para que se poidan inroducir en posteriores edidicións do boletín.
Socios e socias de Amizade visitan a cidade da Coruña
O xoves 29 de Abril a asociación Amizade organizou unha visita á cidade da Coruña na que varios socios e socias da entidade puideron coñecer diversos espazos de interese cos que conta a cidade. Dentro da misión principal de Amizade de “acadar a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade”, a participación en actividades culturais e de ocio é un dos ámbitos nos que a asociación desenvolve o seu traballo.
Celebración da XVII Asemblea Xeral de Amizade
O día 10 de abril a Xunta Directiva de Amizade deu conta do resultado da asociación ao longo do 2009. Como en asembleas xerais anteriores, presentouse a memoria de todas as actividades realizadas durante o ano así como o balance económico do exercicio, que concluiu cun certo aforro. Ambos documentos foron aprobados por unanimidade dos socios e socias presentes.
As novas normas de habitabilidade; outra oportunidade perdida
O pasado xoves 18 de marzo publicábanse no DOGA as novas Normas de Habitabilidade de Galicia, dando cumprimento a un compromiso adquirido durante a campaña electoral polo actual goberno da Xunta de Galicia.
Cando a Asociación Amizade soubo que o proceso de reforma se iniciara, elaborou un documento de propostas que fixo chegar á Xunta e no que fundamentalmente se lle solicitaba a inclusión da esixencia de que todos os novos edificios contasen cunha entrada accesible que se correspondese coa porta principal do edificio.
Reunión co concello de Pontevedra sobre a xestión da recollida de lixo
O concello de Pontevedra iniciou unha campaña de consultas con diferentes entidades sociais co fin de coñecer as propostas de mellora que estas tiñan, de cara a incorporalas no vindeiro prego de condicións para a adxudicación do servizo de recollida de lixo que terá lugar no 2011.
Amizade considerou interesante aproveitar a ocasión para trasladar as propostas que mellorarían a utilización do servizo por parte das persoas con discapacidade. A continuación aparecen nomeadas as cuestións que se lle plantexaron na reunión mantida o día 15 de febreiro:
Curso de formación do persoal do servizo do 065
O sábado 16 de xaneiro desenvolveuse unha xornada formativa para o persoal (tanto condutores como acompañantes) do servizo público de carácter social de axuda ao desprazamento programado e non urxente de persoas con discapacidade e/ou dependentes (o servizo do 065 social).
Esta formación é froito do convenio asinado no 2008 entre a empresa Autocares Rías Baixas (concesionaria do servizo na área de Pontevedra) e a asociación Amizade, mediante o que se contemplaba a necesidade de realizar accións formativas periódicas.
O último boletín do 2009
Continuamos coa nosa intención de informar a socios e socias, e á sociedade en xeral, das actividades que organizamos desde Amizade. Nesta ocasión continuamos combinando noticias e información xeral, ao tempo que seguimos introducindo espazos de opinión.
Insistimos en que esta publicación é froito do convenio de colaboración asinado a principio de ano coa empresa Miniprecios Zapaterías S.L. (tendas Krack, Geox, Bross,...), e que ten a intención de poder divulgar tanto as nosas actividades como os nosos posicionamentos en temas de interese social.

![O grupo posando no peirao de Vigo (Clic para ampliar a imaxe) O grupo posando no peirao de Vigo [Clic para ampliar a imaxe]](/files/IMAXES/montalvo2010/P2_mini.jpg)

