Formación

Cursos plan FIP

O plan nacional de Formación e Inserción Profesional comprende o conxunto de accións de formación profesional ocupacional dirixidas aos traballadores desempregados, para proporcionarlles cualificacións requiridas polo sistema productivo e insertalos laboralmente, cando os mesmos carezan de formación profesional específica ou a súa cualificación resulte insuficiente ou inadecuada.

A programación destes cursos elabóraa o INEM sempre suxeita aos obxectivos establecidos na planificacións do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, en base as necesidades de formación da rexión e o sector productivo, detectados polos/as orientadores/as do SIL, e a través das contratacións dos últimos 3 anos, así como da inserción dos alumnos/as xa formados.

A selección faina o Servizo de Intermediación Laboral segundo o procedemento establecido en colaboración co Servizo Galego de Colocación, tendo en conta as necesidades formativas e o principio de igualdade de oportunidade entre ambos sexos.

Os cursos terán unha parte práctica que deberá realizarse en aulas taller ou en empresas coas que se celebraron os convenios oportunos (non suporán a existencia de relación laboral entre os alumnos/as e a empresa).

A Asociación desenvolveu desde o 24 de marzo do 2008 o curso do plan FIP da especialidade de “empregado de oficina” (810h) nos seus locais de Monte Porreiro. Participaron un grupo de 15 persoas, en horario de 9:00 a 15:00, ata o 17 de outubro. Ver instalacións

Cursos de asistente persoal

Amizade programou un curso de Formación de Asistente Persoal, impartido desde o día 6 de outubro ata o día 19 de decembro, durante un total de 270 horas. O curso trata aspectos tanto sociosanitarios como de habilidades sociais, de resolución de conflictos, de escoita activa, de primeiros auxilios, de accesibilidade, ou de técnicas manipulativas.

Impartido por profesionais acreditados nos diferentes aspectos formativos (psicóloga, enfermeira, experto en xestión da Asistencia Persoal,...), o curso pretende dar unha formación ampla e diversa de cara a facilitar a incorporación ao mercado laboral dos alumnos/as do curso, á vez que pon no mercado unha serie de profesionais debedamente formados nun traballo que cada vez xenerará máis demanda.

A Lei de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia (LEPA), que entrou en vigor o día 1 de xaneiro de 2007, introduciu un novo dereito subxectivo a que as persoas en situación de dependencia sexan atendidas polas administracións públicas.

Dentro do catálogo de servizos que contempla a lei establécese a prestación económica de Asistencia Persoal, no seu artigo 19, como aquela que ten por finalidade a promoción da autonomía das persoas con gran dependencia, contribuíndo á contratación dunha asistencia persoal.

Non existe polo momento regulación da categoría profesional de Asistente Persoal polo que a relación laboral que se estableza con estes profesionais terá que axustarse a outros convenios colectivos de similar natureza. É de agardar, non obstante, que a administración central non tarde en regular profesionalmente a figura de Asistente Persoal.

Patrocinadores

Transporte accesible