Amizade crea un espazo web de intercambio, consulta e información laboral

A partir do día 6 de abril, a Asociación de persoas con discapacidade da comarca de Pontevedra, Amizade, contará cun Espazo Web de Intercambio, Consulta e Información laboral. O obxectivo do mesmo é potenciar aulas de intermediación socio-laboral nas que se fomente e posibilite o uso das novas tecnoloxías para a búsqueda activa de emprego.

A través do mesmo, as persoas participantes coñecerán os distintos portais web de emprego, nos que se poden consultar ofertas e inscribirse nas mesmas, así como elaborar e modificar CVs, cartas de presentación, etc. Tamén terán a súa disposición xornais da localidade nos que consultar ofertas actuais.

O espazo web levaráse a cabo no local da asociación e estará aberto todos os luns ata finais de ano en horario de 10:00 a 12:00 e contará cun monitor especializado na materia. Poderán acceder ao mesmo todas as persoas con discapacidade interesadas na búsqueda activa de emprego, que con antelación deberán poñerse en contacto coa asociación.