| Entrada: Regular |
- Porta: dispón dunha barra horizontal de agarre; ten un resorte non demasiado forte que permite que a porta permaneza aberta.
- Rampla – Resalte: ten unha rampla cunha pendente de non máis dun 5%, que está enrasada coa beirarrúa pero que non é moi ancha polo que dificulta a manobra de abrir a porta.
|
| Mobiliario: Regular |
- Mesas: conta con dous tipos de mesas: as que están na zona da cafetería teñen un pé central que dificulta a aproximación a unha persoa en cadeira de rodas.
- Na zona do comedor ten mesas de dous tamaños: as que son cadradas contan cun alto libre de 0,63m e cunha distancia entre as patas de 0,70m.; e as mesas que son rectangulares contan cun alto libre de 0,66m e cunha distancia entre as patas de 0,75m (no lado máis estreito).
|
| Aseo: Regular |
- Lavabo: a altura libre inferior é de 0,77m, con pouca profundidade e coas billas que, aínda non sendo de pomo, non son moi doadas de manexar.
- Inodoro: está a unha altura da 0,39m, e non conta con barras de suxección a ningún dos lados.
- Espazo: o espazo de xiro existente é un pouco xusto para executar as manobras precisas de pechar a porta e colocarse en posición; coa porta pechada conta con suficiente espazo para facer a aproximación lateral pola esquerda do inodoro.
- Outros: os pomos das portas son de panca; os pasadores de seguridade son de difícil manipulación para persoas con pouca destreza manual; unicamente conta con estas medidas o aseo feminino, sendo o masculino inaccesible.
|
| Observacións |
- Situada na rúa Santa Clara.
- Entorno accesible, con conexión co aparcamento soterrado Praza de Barcelos (a través dunha rúa con bastante pendente) e desde aí co centro da cidade.
- Non conta con moito espazo para ir desde a cafetería ata o comedor ou aseos.
- Inaugurado a finais de 2007, conta cunha decoración modernista.
- Dispón de menú do día.
|
| Imaxes: |
|