Aparthotel Dabarca

Resume da análise do Aparthotel Dabarca
Aparthotel Dabarca Entrada Interior Aseo común Cuartos
Resultado da análise
Analizado Comentarios
Entrada: Regular
  • Porta: conta con porta automática, amplo corredor e pequena alfombra que non dificulta o acceso.
  • Rampla – Resalte: conta cunha rampla de acceso que ten unha pendente do 14% (cunha lonxitude duns 2 metros).

Fachada e rampa de acceso (Clic para ampliar a imaxe) Rampa de acceso (Clic para ampliar a imaxe) Porta de entrada (Clic para ampliar a imaxe)

Circulación: Regular
  • Horizontal: corredor ancho de acceso aos cuartos. Conta cunha moqueta desde o acceso ata a recepción que dificulta levemente o movemento.
    Desde a porta exterior ata o corredor que dá acceso aos cuartos hai unha rampla cunha pendente do 10% (cunha lonxitude duns 4 metros), e desde o final desta ata a zona de recepción e de acceso ao ascensor hai outra rampla cunha pendente do 19% (cunha lonxitude duns 2 metros).

Rampa de acceso aos cuartos (Clic para ampliar a imaxe) Rampa de acceso á zona de recepción (Clic para ampliar a imaxe)

  • Vertical: conta cun ascensor pequeno no que non colle unha cadeira de rodas. Os cuartos adaptados están situados na planta baixa; o ascensor dá acceso ás plantas superiores e á cafetería.
    Está en proxecto a instalación dun ascensor debidamente acondicionado.
Aseo zona común: Mal
  • O aseo situado á beira da zona recepción non permite o seu uso a persoas en cadeira de rodas.
Cuarto 012: Ben

Conta con dúas habitacións adaptadas (a 011 e a 012) que presentan escasas diferenzas.

  • Cama: a parte superior da cama está a 0,56m
  • Mobiliario: o armario ten portas corredeiras pero a barra das perchas está moi elevada. Conta cun armario auxiliar, ao que se accede a través dunha porta batente con pomo de panca, que si conta cunha barra de perchas a 1,45m
  • Cociña: dispón de neveira, cociña vitrocerámica e microondas.
    Dispón dunha mesa que permite a súa aproximación por no contar máis que con unha pata; a superficie superior está a unha altura de 0,78m.
  • Espazo de circulación: o espazo de manobra é amplo na área da cociña e a sala e un pouco máis reducido, aínda que suficiente, na habitación e a entrada da habitación.
  • Outros: a porta de entrada non ten resorte; o sistema de apertura é a través dunha chave convencional, o que pode dificultar algo o acceso.
    Dispón dun cuartiño con lavadora e sitio para tender pero no que non pode acceder unha persoa en cadeira de rodas porque ten unha porta de 0,62.
    O aire acondicionado dispón de mando a distancia.

Vista da porta desde dentro (clic para ampliar a imaxe) Cama (clic para ampliar a imaxe) Armario auxiliar (clic para ampliar a imaxe) Mobiliario da cociña (clic para ampliar a imaxe) Sala (clic para ampliar a imaxe) Espazo interior (clic para ampliar a imaxe)

Cuarto de Baño:

  • Lavabo: conta con billa monomando, e ten unha altura libre inferior de 0,75m estando na superficie superior a 0,85m.
  • Inodoro: está a unha altura da 0,40m, e conta cunha barra de suxeición abatible no espazo de aproximación e cunha barra fixa no lado oposto, ambas situadas a unha altura de 0,75m.
  • Ducha: conta con ducha de obra polo que non existe resalte algún. Conta con billa monomando.
    Ten un asento abatible a unha altura de 0,45m, e conta cunha barra fixa a 0,78m.
  • Espazo: o espazo de xiro existente é de 1,50m
  • Outros: a porta ten unha pequena parte que é abatible e o resto é de corredeira.

Lavabo e porta do baño (clic para ampliar a imaxe) Inodoro (clic para ampliar a imaxe) Ducha de obra (clic para ampliar a imaxe)

Cuarto 011: Ben
  • Diferénciase en que o dormitorio e a sala están nunha mesma estancia mentres que na habitación 012 estaban separadas por dúas portas corredeiras. Isto faille ter un espazo maior de circulación á beira da cama.
  • Esta habitación non conta con cuarto da lavadora nin con armario auxiliar.
  • Esta conta con forno e non con microondas.
  • Cuarto de Baño: conta coas mesmas características que o da outra habitación, coa única diferenza de que nesta caso o espazo de aproximación ao inodoro se atopa á esquerda do mesmo mentres que na habitación 012 a aproximación faise desde a dereita.

Cociña (clic para ampliar a imaxe) Baño visto desde a cociña (clic para ampliar a imaxe) Camas e armario (clic para ampliar a imaxe) Cociña vista desde a habitación (clic para ampliar a imaxe)

Observacións
  • Presenta certa dificultade de acceso ao exterior posto que hai que salvar un chanzo e percorrer uns 50 metros ata chegar a un itinerario accesible.
  • Dirección: R/ Palamios, 2. 36002 - Pontevedra.
    Teléfono: 986 86 97 23.
    Fax: 986 85 46 26.
    info@hoteldabarca.com. www.hoteldabarca.com

Fachada do hotel (Clic para ampliar a imaxe) Rúa de acceso (Clic para ampliar a imaxe) Espazo fronte ao Hotel (Clic para ampliar a imaxe)

Patrocinadores

Transporte accesible