Cafetería – Restaurante Cañas y tapas

Resume da análise da Cafetería – Restaurante Cañas y tapas
Cañas y tapas Entrada Mobiliario Aseo
Resultado da análise
Analizado Comentarios
Entrada: Regular
  • Rampla – Resalte: ten un resalte que vai desde os 2cm aos 6cm, diferenza motivada pola pendente da beirarrúa. Ao cruzar a porta conta cunha rampla interior do 12% de desnivel e de algo máis de metro e medio de lonxitude.
Mobiliario: Regular
  • Alfombra: sobre o tramo da rampla conta cunha alfombra que dificulta a mobilidade.
  • Mesas: conta con mesas que teñen un pé central que dificulta a aproximación a unha persoa en cadeira de rodas.
Aseo: Regular
  • Lavabo: a altura libre inferior de 0,75m, dispón de semipedestal e conta con billa monomando.
  • Inodoro: está a unha altura da 0,40m, e conta cunha barra de suxecición abatible no espazo de aproximación. Non conta con barra de suxección no lado oposto ao espazo de aproximación.
  • Espazo: o espazo de xiro existente é suficiente para executar as manobras.
  • Outros: dispón de porta de corredeira con pomos de doada manipulación; o pasador de seguridade permiten a súa manipulación por persoas con pouca destreza manual, aínda que están situadas nunha esquina; unicamente conta con estas medidas o feminino, sendo o masculino inaccesible.
Observacións
  • Situado na rúa Eduardo Pondal, 6-10. Entorno accesible, con conexión coa Praza de Galicia, Hospital Provincial...
Imaxes: Entrada ao local (clic para agrandar a foto) Alfombra (clic para agrandar a foto) Mesa (clic para agrandar a foto) Lavabo (clic para agrandar a foto) Inodoro (clic para agrandar a foto) Porta do baño (clic para agrandar a foto)

Patrocinadores

Transporte accesible