Quen somos

A Asociación Amizade é unha asociación de persoas con discapacidade da comarca de Pontevedra que ten como misión principal conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación do asociacionismo e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.

Somos unha entidade non gobernamental, que carece expresamente de ánimo de lucro, independente e libre, aconfesional e apartidista. Basea a súa actuación nos valoreas de democracia interna, solidariedade entre os membros, defensa de necesidades xerais por riba de intereses paticulares, transparencia e publicidade na xestión.

Historia

No ano 1988 un grupo de persoas con discapacidade deciden crear na comarca de Pontevedra unha asociación co obxecto de poder defender mellor os seus intereses tanto individuais como colectivos, tomando o nome de AISMIP. En 1993 prodúcese a unión co grupo de persoas con discapacidade psíquica El buen pastor pasando a chamarse Asociación Amistad.

No ano 1997 prodúcese a incorporación á COGAMI momento a partir do cal aumenta a actividade asociativa froito da colaboración entre ambas entidades.

Será no ano 2003 cando se produce un cambio no nome da entidade motivado pola adecuación lingüística á lingua galega. E será na asemblea xeral celebrada en xuño do ano 2007 cando adquira o nome actual: Amizade, Asociación de Persoas con Discapacidade da comarca de Pontevedra.

Ao longo de todos estes anos foi medrando a presencia pública da asociación así como o número de socios e socias e a variedade de actividades e servicios ofrecidos. Desde o mes de xullo de 2007 a entidade conta cunhas novas instalacións situadas en Monte Porreiro nas que desenvolverá as súas actividades.

Obxectivos e fins

Son obxectivos da Asociación Amizade, entre outros:

  1. Acadar unha sociedade onde o grupo social das persoas con discapacidade poidan gozar dos seus dereitos en condicións de igualdade real, co máis absoluto respecto a súa dignidade e diversidade.
  2. Defensa do dereito a un xeito de vida e a un entorno social que garanta a vida independente e o desenvolvemento autónomo de toda persoa con discapacidade.
  3. A defensa dos dereitos e liberdades das persoas con discapacidade severa ou de gran dependencia, así como a promoción da súa integración e participación activa na sociedade.
  4. Promover a plena integración escolar, laboral e social das persoas con discapacidade.
  5. Promover actitudes sociais positivas cara a persoa con discapacidade.
  6. Promover a lexislación axeitada que mellore a situación do grupo social das persoas con discapacidade.
  7. Reunir e difundir información xeral e especializada sobre os problemas da discapacidade.
  8. Desenvolver estratexias solidarias para que se poidan acadar equilibrios interterritoriais en calidade e servicios.
  9. Promover e poñer en funcionamento todo tipo de iniciativas deportivas para persoas con discapacidade, priorizando aquelas que impulsen o deporte de base.

Patrocinadores

Transporte accesible