Información e asesoramento

Diariamente, en horario de atención de 8:30 a 15:00, no local social de Amizade, infórmase a todas as persoas que o soliciten. Proporciónase información de moitos temas, tales como os beneficios do certificado de discapacidade, axudas económicas e técnicas, accesibilidade e supresión de barreiras, formación, asociacionismo, emprego, etc.

Todas as consultas recibidas en Amizade son rexistradas nunha base de datos. A resolución das mesmas realízase de forma inmediata polo persoal de Amizade, sempre que non requira un asesoramento profesional específico; neses casos, a consulta é trasladada ás oficinas centrais que COGAMI ten en Santiago de Compostela. Alí un equipo multidisciplinar de profesionais (avogados/as traballadores/as sociais, economistas...) redacta un informe coa resolución da consulta efectuada en non máis de catro días. Unha vez recibido este informe trasládase a resolución adoptada a persoa interesada.

Servizo de Accesibilidade

Aportamos asistencia técnica e orientación sobre deseño e materiais. Realizamos informes sobre niveis de accesibilidade en entornos xa construídos e en entornos por construír ou reformar, suxerindo as solucións máis axeitadas para cada caso.

Asesoramos tanto a empresas privadas como a administracións públicas, ofrecendo solucións útiles e prácticas á aplicación da normativa.

Colaboración co SIL

En colaboración co Servizo de Intermediación Laboral da COGAMI, centro colaborador do Servizo Galego de Colocación (SGC), orientamos e xestionamos todas aquelas intervencións que teñan que ver con este servizo, de modo que non teñan que desprazarse ata o centro da cidade aqueles que sexan de Monte Porreiro e arredores.

Do mesmo xeito, dende o SIL asesóraselles e axúdaselles en todo o relacionado con Amizade.